InicioSociedadeA pandemia perde forza en Lugo tras unha importante baixada de casos...

A pandemia perde forza en Lugo tras unha importante baixada de casos activos

Nas últimas 24 horas só se confirmaron seis novos positivos a través de PCR.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A última actualización de datos do Sergas revela unha tendencia favorable da pandemia en Lugo, cun forte descenso de casos activos por coronavirus e un baixo ritmo de contaxios detectados. En concreto, este mércores 10 de marzo rexístranse 244 pacientes con infección activa na área sanitaria (38 menos ca na xornada anterior) e tan só se confirmaron seis novos positivos.

Tamén continúa mellorando a presión asistencial: os hospitais da provincia contan hoxe 26 ingresos (-2). Deles, 20 están en planta (13 no Hula, 2 na Mariña, 5 en Monforte) e os outros 6 na UCI do Hospital Universitario Lucus Augusti.

Dende o inicio da pandemia, faleceron en Lugo 210 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, curáronse 11.349 e realizáronse 192.697 probas PCR.

GALICIA

A nivel galego, a Covid-19 volve a niveis do mes de agosto ao rexistrarse pouco máis de 3.000 casos activos. A positividade segue en valores baixos, aínda que o número de novos contaxios comeza a medrar. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...