InicioLugo e contornaO pai de Desirée confía en que o xuízo contra a nai...

O pai de Desirée confía en que o xuízo contra a nai da nena se celebre este ano

Coincide con Fiscalía en solicitar para a súa exmuller a prisión permanente revisable, pero pide que o Código Penal recolla a "cadea perpetua"

PUBLICADA O

- Advertisement -

José Manuel Leal, o pai de Desirée, a nena de sete anos que apareceu morta na casa da nai en maio de 2019 en Muimenta, confía en que o xuízo contra a exmuller e presunta asasina se celebre “en oito meses”, é dicir, antes de que conclúa 2021.

No xulgado de Vilalba que leva o caso, xa só falta o escrito da avogada da defensa, posto que tanto a Fiscalía, como a acusación popular -encarnada pola Fundación Amigos de Galicia- e a particular -en nome do pai- presentaron os cargos contra a muller, para a cal solicitan a prisión permanente revisable.

Ante estas peticións, o pai da menor confesou que “satisfeito” non “é a palabra” coa que se definiría, xa que el iría máis aló e solicitaría “a cadea perpetua para esta escoria humana”, dixo en alusión á súa exparella, que actualmente permanece presa en Teixeiro (A Coruña).

Neste contexto, José Manuel Leal incidiu en que hai que ir á “pena máxima que existe no Código Penal”, que é a permanente revisable, pero insistiu en que este texto tería que ser revisado, “como se fai co Código de Circulación”.

“Neste país, parte da sociedade está convencida de que os cárceres están para reinsertar. Claro que é para reinsertar a certa clase de persoas que comete delitos, pero quen quita a vida a unha persoa ou comete unha violación para a miña esas persoas non son reinsertables”, valorou.

O XUÍZO, “CADA VEZ MÁIS PRETO”

José Manuel Leal non dubida de que o xuízo está “cada vez máis preto” e estima un horizonte de “oito meses” para a vista oral, que se celebrará na Audiencia Provincial baixo a fórmula de xurado popular. “Talvez se poida celebrar antes de que finalice o ano”, pensa.

“Aquí (no xulgado de Vilalba) dáse por terminada a fase de instrución e pasará á Audiencia de Lugo. E en Lugo tamén terá os seus tempos. Ademais, pódense pedir actuacións novas, hai os seus tempos”, engadiu Leal.

Finalmente, o pai de Desirée aproveitou para censurar a instrución que leva o xulgado de Vilalba, lamentando as “présas” da titular para dar traslado das dilixencias a Lugo e os “fallos” cometidos durante a investigación.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...