InicioSociedadeRedúcese a carga hospitalaria en Lugo, con menos pacientes en planta e...

Redúcese a carga hospitalaria en Lugo, con menos pacientes en planta e nas Uci

O Sergas informa de 282 casos activos (22 menos) e de 13 novos positivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo mantén a tendencia de descenso nos casos activos por coronavirus: hoxe rexístranse 282, 22 menos ca no día de onte. O número de positivos detectados nas últimas 24 horas tamén continúa baixo: foron 13.

O dato máis favorable extráese da melloría nos hospitais, que ven reducida a súa presión asistencial ao pasar dos 33 ingresos de onte aos 28 de hoxe (-5). Deles, 22 están en planta (14 no Hula, 2 na Mariña, 6 en Monforte) e outros 6 permanecen na unidade de críticos do hospital da capital lucense.

Dende o inicio da pandemia, faleceron en Lugo 208 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, curáronse 11.308 e realizáronse 192.364 probas PCR.

GALICIA

Os datos para o conxunto galego amosan un descenso significativo das hospitalizacións (369, o que son 29 menos ca na xornada anterior), mais tamén unha repunta dos contaxios confirmados nas últimas 24 horas (152). Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O metal de Lugo sae á rúa e avisa de dúas xornadas de folga se non hai avances no convenio

Traballadores do sector do metal participaron este xoves na mobilización convocada pola CIG, UGT...

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...