InicioSociedadeA provincia de Lugo pode baixar da barreira dos 300 contaxiados esta...

A provincia de Lugo pode baixar da barreira dos 300 contaxiados esta semana

Nas últimas 24 horas houbo 23 altas máis.

PUBLICADA O

Os pacientes de covid-19 ingresados nas unidades de críticos dos hospitais galegos caíron un 68,9 % respecto de hai un mes, cando se rexistrou o pico da terceira onda con 254 hospitalizados en UCI. Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde, até as 18:00 horas do domingo, nas unidades de críticos había 79 persoas (unha menos), mentres que en planta estaban ingresados 319 pacientes, unha lixeira repunta respecto ao día anterior (17 máis).
Os novos contaxios nas últimas vinte e catro horas suman 88 persoas, 49 menos que o día anterior e supón a primeira vez en varios meses que baixan do cento. Este luns entran en vigor as novas medidas, fundamentalmente a apertura da mobilidade nas áreas da Coruña e de Pontevedra, co que o 95 % da poboación galega xa pode moverse sen restricións por todo o territorio.
Desde o inicio da pandemia contaxiáronse en Galicia 113.721 persoas, das que 107.951 curáronse; mentres que morreron 2.275 persoas, sete delas comunicadas hoxe pola Administración autonómica. Durante a última xornada realizáronse 6.543 probas PCR, cunha taxa de positividade do 1,2 %, o que supón que en total se fixeron 1.721.301 probas deste tipo e outras 792.769 serolóxicas.
Por áreas sanitarias, A Coruña rexistra 1.247 casos activos, 23 menos, tras 36 novos positivos por PCR, catro menos; mentres que Vigo suma 606 casos activos (25 menos), tras 18 novos positivos por PCR, un menos que o día anterior.
Pontevedra tamén continúa co descenso de casos activos, até os 457 (-35), con 3 novos positivos por PCR, 4 menos. As áreas de Lugo con 304 casos activos (-23); Santiago, 387 (-18); e Ferrol, 288 (-33) tamén seguen reducindo os casos activos de modo sostido, mentres que os casos na área de Ourense caen outros 5, até os 225.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...