InicioMovementos sociaisO feminismo sae hoxe ás rúas de Lugo: "Os dereitos das mulleres...

O feminismo sae hoxe ás rúas de Lugo: “Os dereitos das mulleres non se confinan”

A plataforma Galegas 8M e os sindicatos lamentan que se criminalicen estas manifestacións cando durante toda a pandemia houbo concentracións de todo tipo, mesmo de negacionistas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

colectivo feminista Galegas 8M convocou varias decenas de manifestacións en toda a comunidade galega coas que, baixo o lema ‘sen coidados non hai vida’ ,  pretende concienciar sobre a importancia dos “traballos invisibles que permiten a reprodución e o mantemento da vida”, que normalmente recaen sobre as mulleres e cuxa precarización acentuou a pandemia de covid-19.

A celebración das mobilizacións está  marcada por voces críticas cunha convocatoria que chama ás mulleres a saír á rúa, e aínda co eco dos reproches por parte dalgúns sectores que quixeron culpabilizar da expansión do virus á celebración do 8 de marzo o pasado 2020. Con todo, as convocantes lembran que houbo manifestacións de diverso tipo na pandemia ao longo do último ano (como as do Alcoa ou os hostaleiros no sector económico), mesmo de ‘negacionistas’ que non gardaron as distancias nin portaron máscaras, polo que rexeitan o “paternalismo” sobre o dereito a mobilizarse das mulleres e pregúntanse por que só se pon o foco nestas marchas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...

Arquivada a causa contra o loteiro de Lugo investigado por simular un atraco de 400.000 euros

O Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo decretou o sobresemento e arquivo provisional...

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...