InicioSociedadeLixeira repunta dos contaxios detectados en Lugo, aínda que se mantén o...

Lixeira repunta dos contaxios detectados en Lugo, aínda que se mantén o descenso de casos activos

Nas últimas 24 horas confirmáronse 18 novos positivos de coronavirus. A presión asistencial mellora moi lentamente tras unha alta na Uci do Hula.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O total de casos activos por coronavirus continúa en descenso na área sanitaria de Lugo, que este venres rexistra 373 pacientes con infección activa (28 menos ca onte). Pola contra, rexístrase unha lixeira repunta nos diagnósticos de novos positivos: 18 nas últimas 24 horas.

Nos hospitais a situación mellora moi lentamente. Neste venres 5 de marzo cóntanse 33 ingresos (-1 na Uci): 20 en planta (16 no Hula e 4 en Monforte) e 13 nas unidades de críticos. O Hospital da Mariña mantense libre de pacientes Covid.

Dende o inicio da pandemia, faleceron en Lugo 206 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, curáronse 11.174 e realizáronse 190.451 probas PCR (624 onte).

GALICIA

En Galicia, os contaxios detectados aumentan por cuarto día consecutivo até os 210, 19 máis, nunha xornada na que seguen caendo tanto a presión asistencial, en planta e en UCI, até as 400 persoas, 48 menos que o día anterior, como os casos activos, 4.168 (-285). Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...