Home A Ulloa A Uci do Hula non baixa dos 14 pacientes ingresados por coronavirus

A Uci do Hula non baixa dos 14 pacientes ingresados por coronavirus

0
A Uci do Hula non baixa dos 14 pacientes ingresados por coronavirus
Persoal de enfermería nunha Uci | EP

Xusto cando se fai un ano do primeiro diagnóstico de Covid-19 en Galicia, o total de casos activos por coronavirus continúa reducíndose na área sanitaria de Lugo, que este mércores rexistra 401 pacientes con infección activa (26 menos ca onte). Así mesmo, a cifra de novos casos tamén segue sendo baixa (9).

En canto ás hospitalizacións, cífranse tres menos: 34. Delas, 20 son en planta (16 no Hospital Universitario Lucus Augusti e 4 no Hospital Comarcal de Monforte) e 14 na Uci do Hula (o mesmo número ca durante toda a semana). O Hospital da Mariña mantense libre de pacientes Covid.

Dende o inicio da pandemia, faleceron en Lugo 206 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, curáronse 11.128 e realizáronse 189.824 probas PCR (483 onte).

GALICIA

O conxunto galego tamén mantén a tendencia descendente nos ingresos (448, dos cales 93 están na UCI) e nos casos activos (4.453).

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here