InicioEconomíaO Concello de Lugo licitará este ano máis de 130 contratos por...

O Concello de Lugo licitará este ano máis de 130 contratos por un valor de 68 millóns

A área de Medio Ambiente acapara case a metade deste orzamento en 20 actuacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo licitará este ano un total de 132 contratos e adxudicacións que suporán un importe conxunto que roldará un mínimo de 68 millóns de euros. 

Estas previsións figuran no ‘Plan de Contratación Pública’ aprobado na xunta de goberno local deste mércores, segundo trasladan nun comunicado. Medio ambiente acapararía case a metade deste orzamento en 20 licitacións, e Infraestruturas tería outras 18 actuacións programadas. Doutra banda, destacan Medio Rural e Deportes, con 12, e mesmo as iniciativas enmarcadas na Estratexia Dusi, que suman outra ducia de intervencións.

A edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, lembrou que as prioridades establecidas pola rexedora, Lara Méndez, “tal e como ela mesma avanzou en decembro”, sitúan, como primeiro obxectivo, a actualización administrativa de todas as prestacións que están en vigor. “Pero tamén esperamos poder sacar adiante novos contratos que mellorarán a xestión interna da institución como poden ser os destinados á adquisición de máis programas e equipamentos informáticos e materiais, así como a posta en marcha de colaboracións que incrementen a eficiencia da recadación e inspección tributaria, entre outros”.

RÚA NA HONRA DO PÁRROCO SOTO CAMIÑO

Por outra banda, Méndez recibiu este mesmo día o documento con 3.500 firmas recollidas pola Asociación de Veciños de Albeiros para nomear unha rúa do barrio en honra ao párroco Luís Soto Camiño.

Así mesmo, a comisión de tráfico municipal abordou precisamente a reordenación da circulación na contorna do colexio de Albeiros, unha medida que, segundo engade o Goberno local, permitirá incrementar a seguridade do alumnado e das persoas que o acompañan ás entradas e saídas do mesmo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...