InicioSociedadeA Semana Santa de Lugo reinventarase para evitar actos multitudinarios

A Semana Santa de Lugo reinventarase para evitar actos multitudinarios

A Xunta de Confrarías busca a máxima seguridade na celebración deste evento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Lugo, Ramón Basanta, confirmou que “todo acto multitudinario” relacionado con esta celebración “está suspendido”, como consecuencia da situación sanitaria. Aínda así, séguese traballando na elaboración dun programa que respecte “escrupulosamente” as normas de seguridade.

Basanta aclarou que, como “como consecuencia de todo o que está a suceder”, baixo ningún concepto “se vai a poñer en risco a saúde de ninguén”, de modo que os actos relacionados coa Semana Santa de Lugo, que foi declarada de Interese Turístico Galego pola Xunta de Galicia, organizaranse baixo a premisa da máxima seguridade.

“A idea na que estamos a traballar consiste en facer algún acto cada día da semana relacionado coa imaxe á que lle tocaría procesionar. Coa colocación de adornos florais, mesmo con música sacra, pero sempre sendo moi escrupulosos coas medidas de seguridade e o aforo”, precisou.

En canto aos actos máis vistosos desta celebración, como pode ser a Bendición de Ramos ou as celebracións do Xoves e do Venres Santo, Basanta precisou que a Xunta aínda está a traballar para organizar unha celebración “un pouco máis especial”, coa intención de “ter presenza”, pero “sempre sendo escrupulosos coas medidas de seguridade”.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...