Home A Ulloa A área de Lugo só rexistrou tres positivos novos nas últimas 24 horas

A área de Lugo só rexistrou tres positivos novos nas últimas 24 horas

0
A área de Lugo só rexistrou tres positivos novos nas últimas 24 horas
Un traballador da limpeza varre as inmediacións do Hospital de Lugo / Europa Press

Na área sanitaria de Lugo só se confirmaron tres novos positivos de coronavirus nas últimas 24 horas. O descenso dos contaxios detectados vén tamén acompañado dunha redución dos casos activos, que baixan dos 500 de onte aos 456 de hoxe.

Ademais, tamén se produce unha melloría nos hospitais, que hoxe rexistran 36 persoas ingresadas (-7): 22 en planta (18 no Hula, 1 na Mariña e 3 en Monforte) e 14 na Uci.

Por outra banda, os datos históricos revelan que dende o inicio da pandemia faleceron 206 persoas na provincia, curáronse 11.050 e realizáronse 188.549 probas PCR (469 onte).

GALICIA

No que respecta ao conxunto galego, a presión hospitalaria volveuse a reducir tras a lixeira repunta da xornada anterior ao descender en 48 os pacientes con Covid-19 ingresados en unidades convencionais. Mentres, os que se atopan en UCI mantéñense en 105. Pola súa banda, os novos contaxios diarios subiron lixeiramente a 117, tras caer a 103 o día pasado. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here