InicioLugo e contornaLugoA Xunta informa doutra falecida no Hula o venres con covid

A Xunta informa doutra falecida no Hula o venres con covid

Trátase dunha muller de 87 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As vítimas que deixa a pandemia da covid-19 en Galicia ascenderon a 2.227 despois de que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificase na tarde deste sábado sete novas mortes, mesma cifra que o venres.

A provincia de Ourense acumula tres destes falecementos. En concreto, morreron dous homes de 94 e 77 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e unha muller de 95 anos no Hospital do Barco que procedía da residencia de Carballeda de Valdeorras.

A estes hai que sumar outros dous óbitos na provincia da Coruña: un home de 78 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e outro de 83 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Ademais, morreu con covid unha muller de 87 anos no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo e un home de 70 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP). Segundo concretou Sanidade, estes setes falecementos correspóndense coa xornada do venres –ningún este sábado– e todos eles contaban con patoloxías previas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...