InicioSociedadeA Xunta informa doutro falecido con covid no Hula

A Xunta informa doutro falecido con covid no Hula

É un home de 62 anos que morreu o xoves.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A morte doutras sete persoas que foran diagnosticadas coa covid-19, cinco homes e dúas mulleres con idades comprendidas entre os 62 e os 98 anos, elevan as vítimas da pandemia en Galicia a 2.220.

Dos falecementos comunicados este venres pola Consellería de Sanidade, só un tivo lugar este venres. Trátase dunha muller de 89 anos que faleceu no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF).

Pola súa banda, seis correspóndense coa xornada do xoves, día 25 de febreiro. En concreto, Sanidade informa da morte de dous homes de 87 e 98 anos e dunha muller de 76 que faleceron no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Ademais, un home de 72 anos perdeu a vida no CHUF, un home de 70 no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), e outro de 62 no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Segundo os datos da Consellería de Sanidade, todos eles presentaban patoloxías previas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...