InicioSociedadeA feira agrogandeira Moexmu queda adiada por mor da pandemia

A feira agrogandeira Moexmu queda adiada por mor da pandemia

A súa celebración estaba prevista para os días 9, 10 e 11 de abril

PUBLICADA O

- Advertisement -

O equipo organizador da Moexmu, unha das feiras agrogandeiras máis relevantes de Galicia e celebrada en Muimenta (Cospeito), vén de anunciar o aprazamento da edición deste ano. O evento estaba previsto para os días 9, 10 e 11 de abril, mais a evolución da pandemia e as recomendacións sanitarias levaron a tomar esta decisión.

Canda a XXXVII Mostra Exposición de Muimenta, tamén quedan suspendidas as outras actividades que van parellas, como o concurso, exposición e poxa de gando selecto, o único que se celebraba na provincia dende hai unha década. Tampouco terá lugar o concurso de can de palleiro, que puntuaba para o campionato galego.

“A Moexmu sería o fin de semana posterior á Semana Santa. Nesas datas festivos pode producirse unha maior mobilidade, así que é aconsellable aprazala”, explican dende a organización, que deixa a porta aberta a buscar outra data neste 2021 se fose posible pola evolución da pandemia.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...