InicioSociedadeSeguen a reducirse os casos activos en Lugo, pero non as hospitalizacións

Seguen a reducirse os casos activos en Lugo, pero non as hospitalizacións

Dos 64 pacientes ingresados, hai 21 que aínda permanecen na Uci do HULA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte mantén a tendencia á baixa nos casos activos por coronavirus, que este luns se sitúan nos 795 (43 menos ca onte). O número de contaxios confirmados nas últimas 24 horas a través de PCR foi de 36, o que supón unha cifra lixeiramente superior ás notificadas na fin da semana.

Malia a boa aparencia da curva de positivos na provincia, a situación nos hospitais non mellora ao mesmo ritmo. O Sergas rexistra 64 persoas ingresadas (as mesmas ca onte), das cales 43 permanecen en planta (29 no HULA, 6 no Hospital da Mariña, 6 en Monforte e 2 no Polusa) e 21 nas Unidades de Coidados Intensivos.

O total de persoas que superaron a enfermidade é de 10.561 dende o inicio da pandemia, e o cómputo de falecidos é de 198, segundo datos do Sergas. Ademais, realizáronse 182.425 PCR.

GALICIA

No conxunto galego tamén continúa a remisión da terceira onda de forma sostida, tanto en casos activos como en novos positivos e hospitalizacións. Non obstante, o número de ingresados na Uci (146) aínda triplica practicamente aos que había xusto antes do inicio do Nadal. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...