InicioSucesosDetido un lucense por pirómano tras incendiar un piso por un enfado...

Detido un lucense por pirómano tras incendiar un piso por un enfado coa compañeira

As discrepancias comezaron cando a arrendataria tivo que deixar a vivenda. O agora arrestado chamouna en numerosas ocasións dende un número oculto e deixoulle mensaxes que confirmaban a autoría do incendio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron un home veciño de Lugo por pirómano como autor dun incendio nunha vivenda que compartía cunha muller coa que se enfadou cando esta tivo que deixar de arrendala.

Segundo relatou a Policía Nacional, os feitos ocorreron o pasado sábado cando a Policía Nacional interviu no desaloxo dun edificio na rúa Montero Ríos, xa que unha das vivendas do inmoble estaba en chamas.

Despois de localizar os propietarios, estes manifestaron que o piso estaba baleiro despois de que a inquilina o deixara o pasado mes “en perfecto estado”. Por iso, a Policía iniciou unha investigación sobre os feitos, xa que na inspección realizada no lugar despois de que os efectivos de bombeiros extinguisen o lume, “determínase que había catro focos diferentes, en catro habitacións ou locais do inmoble”, subliñan as mesmas fontes.

Por iso, tomouse declaración a todos o implicados no arrendamento e realizouse inspección ocular por parte do especialista en localización e vestixios de incendios da Brigada de Policía Científica. Con todo iso conclúese que “na vivenda ocupada esporadicamente pola arrendataria, xa que por motivos de traballo non estaba diariamente, tamén vivía un home”, o agora detido, asegura a Policía.

CHAMADAS EN OCULTO

O home, unha vez se lle comunica que ten que abandonar a vivenda, busca outro lugar onde vivir e finaliza a amizade coa arrendataria, “a cal lle bloquea o teléfono”, subliña.  Posteriormente ao suceso, esta muller recibiu “innumerables chamadas dun número oculto”, ás que fixo caso omiso, pero ao relacionar os feitos e crer que pode ser este home, unha vez é chamada de dependencias policiais para tomar declaración, desbloquea o Whatsapp e “aparecen mensaxes que confirman a autoría do incendio”, destaca a Policía Nacional.

Con todos os datos achegados pola investigación, a Policía procedeu á procura, localización e detención do presunto autor do incendio. Está previsto que sexa posto este xoves ante a autoridade xudicial xunto con todo o actuado.

ÚLTIMAS

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...

A comunidade venezolana de Lugo convoca unha concentración pola “liberdade” do país

Colectivos de cidadáns venezolanos e sindicatos convocaron este sábado concentracións en Lugo despois de...

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á...

Falece un home tras ser atropelado por un camión no rural de Lugo

Un home faleceu este venres en Lugo tras ser atropelado por un camión. Segundo...