EFE | Os deputados do Partido Popular por Lugo, Jaime de Olano e Joaquín García Díez, solicitaron no Congreso a “comparecencia urxente” do director xeral da Policía, Francisco Pardo, para tratar de frear o peche da sala operativa do 091 na comisaría provincial o próximo 1 de marzo.
Ambos lembraron que o Goberno de España, nunha resolución do pasado 28 de decembro, clausurou este servizo nas comisarías de Lugo e Ourense, para centralizalo na Coruña, algo que ao seu xuízo “reducirá significativamente a eficacia na súa prestación e prexudicará á seguridade de ambas as cidades.
Segundo o seu criterio, esta medida “supón o desmantelamento da seguridade nas provincias máis despoboadas” e “obedece única e exclusivamente a motivos económicos”.
Os deputados populares, que xa denunciaran “este agravio en marzo de 2020”, esixen agora ao director xeral da Policía que “se dea marcha atrás neste peche”, como “xa sucedeu en Salamanca ante a presión social”.
Lembran que a sala do 091 funciona ata o de agora en Lugo as 24 horas dos 365 días do ano, grazas ao traballo de nove funcionarios, que atenden a máis de 2.400 chamadas ao mes.
SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO
Con todo, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, di que “parece estraño que os deputados do Partido Popular estean en contra” de rendibilizar o uso das novas tecnoloxías e de que “haxa máis policías atendendo aos cidadáns que respondendo a chamadas telefónicas”.
Desde o seu punto de vista, “non se entende ben que pensen que se desmantela a seguridade se aumenta, como vai suceder, o número de policías na rúa e en labores de investigación”.
Afirma que “non hai desmantelamento algún da Policía Nacional en Lugo” e pregúntase se os deputados do PP tamén “poñen o dúbida o funcionamento do 112”, que tamén centraliza as chamadas de emerxencias. “Coa transformación das salas do 091 en centros intelixentes, nos que se centralizan as comunicacións”, dixo Rodríguez, o que fai a Policía Nacional é “maximizar o aproveitamento dos recursos dispoñibles”, grazas ao uso das “novas tecnoloxías”