InicioEconomíaO comercio pide non ter que esperar seis meses despois dos ERTE...

O comercio pide non ter que esperar seis meses despois dos ERTE para despedir

A Federación Galega de Comercio está á espera de "ver como se reparten" os fondos europeos para a reconstrución.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Federación Galega do Comercio, José María Seijas, afirma que o sector está “a esperar a ver como se reparten os fondos europeos e o que lle toca” aos establecementos galegos destes recursos para facer fronte á crise da covid.

O empresario lucense destacou que o que chegue “teñen que ser solucións rápidas e de fácil acceso, porque se non, cando se dea resolto, a metade dos comercios desaparecerían”. Sobre a necesidade dun rescate ao comercio, resaltou que “é vital e representa unha porcentaxe moi importante da economía galega e do emprego”.

Por outra banda, Seijas insistiu en demandar ao Goberno central que os ERTE prescindan da cláusula pola que non se pode despedir ata seis meses despois de esgotada esta prestación. De feito, sinala a necesidade de “axudas directas para facer liquidacións e adaptar os persoais ao momento que se está vivindo”.

Tamén volveu apremar os municipios a que non lles carguen os IBI aos comerciantes e exímaselles doutros impostos, ante a crise sanitaria, que está a provocar “importantes perdas” no sector. Neste sentido, urxe aos concellos a “que lle dean unha volta ao que son os impostos, ao que é IBI e outros impostos locais”, e exímaselles do pago dos mesmos.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...