InicioSociedadeA presión hospitalaria non mellora en Lugo, onde aínda hai 26 pacientes...

A presión hospitalaria non mellora en Lugo, onde aínda hai 26 pacientes na Uci

O Sergas comunica unha importante baixada de casos activos (127 menos ca onte), pero confirmáronse 71 novos positivos (unha vintena máis).

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 1.514 casos activos de coronavirus na área sanitaria lucense; isto é, 127 menos ca no día de onte. Medran, iso si, os novos positivos detectados a través de PCR: 71 nas últimas 24 horas.

Tamén os hospitais ven aumentada a súa carga asistencial, con 97 ingresos (+3): 71 pacientes en planta (no HULA, 42; na Mariña, 9; en Monforte, 20) e 26 nas Unidades de Coidados Intensivos (25 no HULA e outro na Mariña).

Por outra banda, a cifra de vítimas mortais da pandemia ascende ata as 185 ao coñecerse o falecemento dun octoxenario ingresado no Hospital da Mariña e que fora diagnosticado de Covid-19. Así mesmo, os datos históricos revelan que se curaron 9.384 persoas e que se realizaron 172.080 PCR (1.092 delas onte).

EN GALICIA, BOS SINAIS

No conxunto da comunidade hai indicios de que a terceira onda da pandemia podería estar a remitir: baixa a presión hospitalaria e diminúen tamén os novos casos detectados. En concreto, hai un total de 1.145 pacientes (70 menos), dos cales 234 están na UCI. Os diagnósticos diarios descenden a 677 e os casos activos baixan a 16.643. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...