InicioSociedadeCase 540 mulleres de Lugo reciben protección como vítimas da violencia machista

Case 540 mulleres de Lugo reciben protección como vítimas da violencia machista

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, pide que a crise sanitaria non nos faga esquecer "estoutra pandemia que tamén debemos erradicar"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, recoñeceu hoxe a súa preocupación pola incidencia da violencia de xénero na provincia e informou de que na actualidade hai 537 mulleres dadas de alta no sistema Vioxén de protección ás vítimas. Delas, cinco son de risco alto e 58 de risco medio. Outras 198 figuran como vítimas de risco baixo e as 286, como non apreciado.

Rodríguez facilitou este dato logo dunha xuntanza de traballo que mantivo coa responsable da Unidade de Violencia contra a Muller da Subdelegación do Goberno, María Luisa Castro. A subdelegada fixo fincapé en que “a grave crise sanitaria provocada pola COVID-19 non pode facer que esquezamos estoutra pandemia que tamén debemos erradicar da nosa sociedade, para o que é necesaria a implicación de todos, institucións e cidadáns”.

Ademais, lembrou que dúas mulleres foron asasinadas na provincia de Lugo durante o ano 2020. Así pois, a cifra de vítimas mortais elévase a nove desde xaneiro de 2003, momento no que se creou o rexistro oficial.

Na mesma liña, explicou que o pasado ano houbo 557 casos rexistrados no sistema Vioxén e que se recibiron 267 chamadas de lucenses no teléfono 016 (atención ás vítimas de violencia de xénero).

Por outra banda, segundo datos do Goberno, 111 vítimas percibiron a renda activa de inserción ata o 30 de setembro. Tamén se concederon nove axudas por cambio de residencia. No 2020, ademais, foron 38 o número de usuarias do servizo telefónico de protección ATENPRO e 24 dos dispositivos de control telemático Cometa.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...