InicioSociedadeDenunciados por consumir alcol dentro dun salón de peiteado en Lugo

Denunciados por consumir alcol dentro dun salón de peiteado en Lugo

O establecemento non dispoñía de licenza municipal para tal actividade profesional e un dos empregados carecía de contrato de traballo

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Unha inspección da Policía Autonómica de Lugo resultou coa denuncia a tres persoas que consumían bebidas alcóholicas no interior dun salón de peiteado da cidade de Lugo. Non mantiñan a distancia de seguridade nin respectaban o uso obrigatorio da máscara.

Segundo fontes da Policía, levantáronse actas de infracción por incumprírense as medidas de prevención contra a Covid-19. Ademais, tamén tramitaron unha acta de denuncia por consumo de alcol nun establecemento non autorizado e outra dirixida á Inspección de Traballo por irregularidades na contratación do persoal, dado que un dos empregados carecía de contrato de traballo.

Outra das actas tramitadas polos axentes vai dirixida ao Concello de Lugo, dado que o local non dispoñía de licenza municipal como salón de peiteado. A inspección saldouse coa identificación de cinco persoas e a tramitación de seis denuncias.

+ posts

ÚLTIMAS

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de anunciar en Ribas de...

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta "se comprometa"...