InicioSociedadeLugo confirma 184 casos novos, unha das cifras máis altas de toda...

Lugo confirma 184 casos novos, unha das cifras máis altas de toda a pandemia

A área sanitaria achégase aos 2.000 positivos activos e as UCI galegas baten récord de ingresos con 178 pacientes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra hoxe un dos peores datos de toda a pandemia no que respecta a casos detectados nun só día: nas últimas 24 horas confirmáronse 184 positivos de coronavirus mediante probas PCR. Onte esta cifra situábase por baixo do centenar. Do mesmo xeito, tamén se incrementa o total de casos activos ata achegarse aos 2.000 en toda a provincia: son, en concreto, 1954.

Nos hospitais a situación segue similar á referida onte polo Sergas. Este mércores 27 de xaneiro rexístranse73 hospitalizacións (+1): 58 en planta e 15 nas Unidades de Coidados Intensivos. Destes últimos, están todos no HULA agás un paciente que está a ser atendido na UCI de Burela. Ademais, o Hospital Universitario Lucus Augusti atende 29 pacientes en unidades de hospitalización; o da Mariña, 17, o de Monforte, 11; e o Polusa, 1.

Nas últimas 24 horas realizáronse 1.493 probas PCR, do total de 152.684 que se efectuaron dende o inicio da pandemia. Os datos históricos tamén revelan que se curaron 7.556 persoas e que, ata o momento, faleceron 162 que foran diagnosticadas con Covid-19.

AS UCI GALEGAS, EN MÁXIMOS

Mentres, en Galicia vólvense bater récords. A presión nas UCI xa é a máis elevada de toda a pandemia, con 178 pacientes ingresados neste tipo de unidades. Sucede isto nunha xornada na que se rompeu coa dinámica de certa estabilidade de contaxios: diagnosticáronse 1.586 novos positivos. Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...