InicioSociedadeDispárase a presión hospitalaria en Lugo, con 51 pacientes en planta e...

Dispárase a presión hospitalaria en Lugo, con 51 pacientes en planta e 15 na UCI

Galicia alcanza a máxima cifra de ingresos de toda a pandemia, incluso por riba da primeira onda: 1.154

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo presenta hoxe un forte incremento no que respecta á presión asistencial por pacientes de coronavirus. O Sergas contaba onte 59 ingresos (dos cales once estaban na UCI), pero esa cifra elévase agora ata as 66 hospitalizacións, con 51 pacientes en planta e 15 en unidades de críticos. Estes datos danse nunha xornada na que Galicia rexistra o maior número de hospitalizacións de toda a pandemia.

O Hospital Universitario Lucus Augusti é o centro con máis carga de pacientes de Covid (26 en planta, 14 na UCI). Porén, a UCI do Hospital da Mariña tamén acolle hoxe unha persoa diagnosticada de coronavirus, que se suma ás outras 18 que están en planta. Pola súa parte, o Hospital de Monforte segue coa escalada de ingresos e xa conta seis hospitalizacións. Por último, o hospital privado Polusa atende unha persoa infectada.

Esa é a consecuencia directa da repunta de casos activos e positivos diarios que levamos observando nas últimas semanas. De feito, tamén hoxe se rexistra un novo aumento: son 1.731 casos activos (+65) e 111 contaxios detectados nas últimas 24 horas a través de PCR.

O Sergas non comunicou no día de onte ningún falecemento na provincia de Lugo, polo que a cifra das vítimas mortais mantense nas 160 dende o inicio da pandemia. Os datos históricos revelan, así mesmo, que se curaron 7.454 persoas e que se realizaron 150.014 PCR (1.052 onte).

GALICIA, POR RIBA DA PRIMEIRA ONDA

No que atinxe ao conxunto galego, a comunidade alcanzou un novo pico de hospitalizados ao sumar 88 novos ingresos nas últimas 24 horas, o que eleva o total a 1.154 ingresados, o peor dato de toda a pandemia. Sanidade confirma 993 pacientes en planta (+77) e 161 na UCI (+11). Podes consultar máis información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...