InicioSociedadeNotifican por erro a morte dunha usuaria da residencia de Xove tras...

Notifican por erro a morte dunha usuaria da residencia de Xove tras confundila con outra muller

O "erro de identificación" da Fundación San Rosendo produciuse durante o traslado de varios residentes a un xeriátrico ourensán, e non foi emendado ata máis dunha semana despois

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller usuaria da residencia San Bartolomé de Xove foi dada por morta, vítima do coronavirus, tras ser confundida coa compañeira de habitación. Un “erro de identificación” levou a que o pasado 13 de xaneiro se lle notificase o deceso á familia da anciá, mensaxe que non foi emendada ata trece días despois.

O incidente ocorreu no xeriátrico Os Gozos de Pereiro de Aguiar (Ourense), onde a Fundación San Rosendo -xestiona ambos os centros- dispón dunha planta para atender a usuarios de residencias diagnosticados de Covid-19. Ata alí desprazáronse o pasado 29 de decembro un total de once anciáns con coronavirus desde a residencia de Xove.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Lugo propón o Pazo de Feiras como sede da Axencia Estatal de Saúde Pública

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitará ao Padroado da Fundación Feiras e Exposicións...

Denuncian filtracións, riscos estruturais e aulas ‘forno’ na escola infantil Gregorio Sanz de Lugo

Comisiones Obreras (CC.OO.) denunciou que o BNG "acepta" a existencia de "riscos estruturais, filtracións...

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un mozo acusado de agresión sexual a dúas menores

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un mozo acusado de...

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...