InicioSociedadeA cooperativa A Carqueixa, dos Ancares, finalista dos XXI Premios Aresa

A cooperativa A Carqueixa, dos Ancares, finalista dos XXI Premios Aresa

Os outros tres proxectos finalistas son EFA Fonteboa, Arnigal Cultivos e a Estratexia de loita ecolóxica fronte a praga da rata topo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xurado do XXI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural deu a coñecer na tarde de hoxe os catro proxectos finalistas desta edición logo dunha reunión na que avaliaron as 16 propostas presentadas. As candidaturas que optan ao galardón son o Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa (Coristanco), Arnigal Cultivos (Santiago), a cooperativa A Carqueixa (Cervantes) e a estratexia de loita ecolóxica contra a praga da rata de Pablo Sánchez Quinteiro.

Neste ano marcado pola Covid-19, o xurado valorou especialmente as iniciativas que redefiniran o seu modelo de negocio durante a pandemia, aquelas que creasen un novo proxecto ou que axudasen a outro, sempre contribuíndo “de maneira decisiva” a crear riqueza no ámbito agrogandeiro.

O gañador do XXI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, dotado cunha placa conmemorativa e 10.000 euros, darase a coñecer o vindeiro 11 de febreiro ás 12:30 h nunha gala que será transmitida por streaming.

OS FINALISTAS

O Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa xorde no ano 1975 como unha iniciativa social para dar resposta ás necesidades de formación do medio rural e desde ese ano leva graduado a uns 1.100 estudantes en Formación Profesional Agraria, a maioría dos cales están incorporados a explotacións agrarias e contribúen no fortalecemento do tecido económico e social dos concellos rurais.

Pola súa parte, Arnigal Cultivos nace da innovación en varias áreas para manter unha produción de Arnica montana constante e necesaria para a súa explotación comercial, pois unha parte importante da flor de árnica utilizada pola industria farmacéutica e cosmética provén da recollida en Galicia. Comezou a súa actividade en febreiro de 2020 coa comercialización dunha gama de tres produtos e coa aposta pola sostibilidade mediante o cultivo ecolóxico, así como a utilización de solventes e tecnoloxías verdes de extracción e a xestión e reutilización de residuos.

O terceiro dos finalistas anunciados esta tarde, Cooperativa A Carqueixa, ten a súa orixe en 1994, ano no que se fundou para a comercialización conxunta de xatos e a compra de insumos, adquirir máis dimensión como colectivo e conseguir que os produtores de carne de Cervantes fosen un sector máis forte e cohesionado. A día de hoxe está formada por uns 200 cooperativistas.

Por último, o proxecto `Estratexia de loita ecolóxica fronte a praga da rata topo´, presentado por Pablo Sánchez Quinteiro, pretende aportar a experiencia dos membros do grupo de Neuroanatomía do departamento de Anatomía da Facultade de Veterinaria da USC no estudio da comunicación química dos mamíferos para o desenvolvemento dunha estratexia de control para este tipo de praga basándose na utilización de sinais químicas producidas pola propia rata topo (feromonas) e polos seus depredadores, fundamentalmente o raposo (cairomonas), nas zonas afectadas.

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...