InicioSociedadeSen novos positivos na Deputación tras coñecerse os resultados do cribado

Sen novos positivos na Deputación tras coñecerse os resultados do cribado

Das oitenta persoas que realizaron as probas, tan só se confirmou o contaxio dun traballador que xa fora detectado na primeira fase.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Deputación Provincial de Lugo, que permanece pechada ao público, informou de que deron negativo as oitenta persoas sometidas a un cribado na institución provincial —salvo un traballador de Novas Tecnoloxías que xa dera positivo na primeira fase— como medida de precaución.

Ese cribado foi realizado despois de que desen positivo os deputados provinciais de Promoción Económica e Social, e Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pablo Rivera e Pilar García Porto, respectivamente, para cortar unha posible cadea de contaxios.

Nas probas realizadas só se confirmou o positivo dun traballador do servizo de Nova Tecnoloxías cuxo contaxio xa fora detectado na primeira fase do cribado, na que participaron unhas 30 persoas. De feito, tamén deu negativo o traballador do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) que estaba pendente do resultado despois de estar en contacto cun caso positivo. Así e todo, por precaución, o Centrad permanecera tamén pechado ao público.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...