InicioSociedadeA pandemia non se suaviza en Lugo, que volve superar o centenar...

A pandemia non se suaviza en Lugo, que volve superar o centenar de casos novos

O Sergas informa de 1.361 pacientes con infección activa na provincia. Aumenta a presión hospitalaria, con 39 ingresos en planta e nove nas unidades de críticos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Segundo día consecutivo no que a área sanitaria de Lugo supera o centenar de casos novos de  coronavirus confirmados a través de PCR. Foron 109 contaxios detectados nas últimas 24 horas, segundo información ofrecida polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). A cifra ten impacto tamén sobre o total de casos activos, que se sitúan nos 1.361 (88 máis ca onte).

Tamén é preocupante o incremento da presión hospitalaria, con 48 pacientes (+3). O Hospital Universitario Lucus Augusti conta 19 en planta e nove na UCI; o da Mariña, 18; e o de Monforte mantense con dous.

En base aos datos do Sergas, tamén aumentou o número de vítimas mortais da pandemia en Lugo, que tras o falecemento dun usuario da residencia da Pastoriza no HULA xa rexistra 158 mortes.

Da información histórica da provincia tamén se extrae que hai 7.181 curadas e que se  realizaron 144.163 PCR (1.168 delas onte, con resultado positivo de 109).

GALICIA, NOVO PICO

A comunidade galega volve anotar outro récord de positivos confirmados nun só día, ao tempo que fixa un novo teito en canto ao número de casos activos, que rompen o limiar dos 16.000. Máis aínda: a presión sobre os hospitais continúa disparada. Podes consultar información a nivel autonómico no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...