InicioEconomíaPeiteadores e barbeiros concéntranse en Lugo para esixir unha rebaixa do IVE

Peiteadores e barbeiros concéntranse en Lugo para esixir unha rebaixa do IVE

Entenden que a súa é unha "actividade esencial" e que, polo tanto, o "xusto" sería cotizar un 10%

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Decenas de peiteadores e propietarios de salóns de beleza concentráronse este mércores ante o Concello de Lugo para esixir unha rebaixa do IVE, dado que neste momento están a cotizar ao 21%, un tipo impositivo que consideran totalmente inxusto, porque a súa actividade “é esencial” e non de “luxo”.

Durante unha hora, entre as 10 e as 11:00 horas, vestidos totalmente de negro e desafiando ás inclemencias do tempo, os peiteadores de Lugo permaneceron concentrados ante o Concello para facerse oír, mantendo en todo momento a distancia de seguridade como medida de prevención ante a Covid-19. Todos eles portaban pancartas cun fondo amarelo nas que se reclamaba “un IVE xusto” para a actividade que desenvolven salóns de peiteado, barbarías e salóns de beleza.

Carmen Barrios, que ten un salón de peiteado na Rúa Galicia, na propia cidade, contou a EFE que o que pide o sector é un IVE acorde ao servizo que prestan, que é “esencial” para a sociedade. “Levamos anos cotizando por un IVEde luxo, cando terían que aplicarnos un imposto como actividade esencial que somos. Seguiremos protestando ata logralo”, engadiu.

Máis de 100 asociacións, colectivos, plataformas, marcas, provedores e clubs profesionais do sector en toda España apoian estas concentracións, en representación de máis de 10.000 salóns de peiteado e de estética de todo o país.

ÚLTIMAS

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...

María Reigosa rompe co PSOE no seu primeiro pleno tras a renuncia e vota co PP para esixir melloras nun barrio de Lugo

A edil do Concello de Lugo María Reigosa desmarcouse do Grupo Municipal Socialista e...

Rebaixan a pena dun agresor sexual de 27 a 3 anos ao pagarlle 150.000 euros á vítima

A Audiencia provincial de Lugo pechou este xoves o caso dun home acusado de...

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...