InicioPolíticaO PSdeG leva ante Educación o reparto de máscaras con simboloxía política...

O PSdeG leva ante Educación o reparto de máscaras con simboloxía política no CEIP de Becerreá

Alumnado deste centro recibiu material de prevención do coronavirus co logotipo do partido de Manuel Martínez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O deputado autonómico e portavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luís Álvarez, informou hoxe de que rexistrou varias iniciativas na cámara autonómica para coñecer a postura da Consellería de Educación sobre o reparto do material para a prevención da Covid-19 con simboloxía do partido do alcalde no colexio de Becerreá.

Luís Álvarez aclarou que a súa intención é coñecer “se a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten coñecemento do reparto dese material” no CEIP San Xoán de Becerreá por “parte do profesorado”. O deputado socialista tamén lle pregunta á Consellería se considera aceptable o sucedido e se ten pensado adoptar “algunha medida” con respecto “ás persoas responsables” dos sucedido.

“CACIQUIL E ADOUTRINADOR”

A portavoz socialista no municipio de Becerreá, Isabel Rubinos, denunciou que o alcalde da localidade e antigo compañeiro no PSdeG-PSOE, Manuel Martínez, distribuíu no centro educativo da localidade material anticovid co logotipo de Galicia Sempre, o seu partido político.

Para a portavoz socialista, trátase dun “auténtico escándalo e dunha actitude inaceptable por parte do alcalde de Becerreá e de todo o seu goberno”. Cualificou tal actuación de “caciquil” e asegurou que “mostra a cara máis sectaria do goberno de Manuel Martínez”, que busca “adoutrinar aos máis novos do municipio”.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...