Tres meses despois da aprobación das novas contas municipais, o Concello de Lugo lanza os Orzamentos Participativos. Esta iniciativa aspira a que sexa a cidadanía lucense a que “erga a man” e “tome a palabra” acerca do destino do erario público. A primeira fase do programa servirá para que os veciños e veciñas da cidade acheguen as súas propostas, ben no espazo dixital adicado, ben no Rexistro Xeral, ou nas xuntanzas que terán lugar nas vindeiras datas.
Esta ferramenta de participación democrática, impulsada polo departamento de Cidadanía que dirixe Rosana Rielo, está dotada con 350.000 euros. É unha cantidade importante, aunque relativamente pequena en comparación co esforzo, por exemplo, da Coruña. A cidade herculina adica aos orzamentos participativos dez veces máis investimento, cunha poboación que é dúas veces e media superior.
A alcaldesa Lara Méndez precisou que este mecanismo participativo persegue tres obxectivos básicos. Primeiro, un exercicio público transparente que vencelle e implique activamente á poboación co desenrolo da súa cidade. Segundo, que a cidadanía deixe de ser observadora das decisións en zonas urbanas e rurais. E terceiro, que sexan os veciños e veciñas os que propoñan como deben gastarse os recursos municipais, promovendo a solidaridade entre barrios.
Fases dos orzamentos PARTICIPATIVOS
Este orzamento participativo divídese nas seguintes fases:
1 – Unha primeira de recollida de propostas, de diferentes investimentos de ata 15.000 euros. Será a través de distintas canles, dixitais ou presenciais: sexa a través da web que se activou para este evento, loop.lugo.gal; no Rexistro Xeral do Concello; ou en distintas xuntanzas a celebrar polos barrios da cidade.
Nesta fase, tal e como explicou Rosana Rielo, poderá participar calquera persoa empadroada en Lugo ou con vinculación co municipio, sexa por estudos ou traballos. Esta primeira fase está aberta ata o 9 de setembro. Para presentar as propostas dixitalmente, só é preciso validarse como persoa usuaria, a través dun enderezo web.
2 – Unha segunda de avaliación da viabilidade desas propostas, por parte dun equipo técnico municipal.
3 – Unha terceira de votación das propostas, tecnicamente viables, “que é outra forma máis de partipación, máis aló de propoñer iniciativas”, explicou a concelleira. Nesta fase poderán participar persoas empadroadas no Concello de Lugo maiores de 14 anos. Para votar as propostas, na web aparecerán unha e por unha, e a persoa participante, “tipo carriño da compra de tendas web”, procederá á votación.
4 – E unha última fase de execución das actuacións que a xente decidiu e votou.
Segundo subliñou Méndez, “os orzamentos participativos son unha nova oportunidade para facer posible a xestión compartida dos recursos municipais, dos recursos públicos, de todos o cada un dos veciños”. “Nesta liña, cada día –proseguiu–, Lugo é unha cidade máis aberta e máis participativa, o que nos fará ser mellores na xestión”. A rexedora chama ás e aos lucenses a que compartan as súas ideas “co obxecto de facer cidade, de facer Lugo co impulso da súa xente”.
Máis información nesta ligazón.