InicioSociedadeLugo segue sumando casos activos de Covid-19, aínda que a menor ritmo

Lugo segue sumando casos activos de Covid-19, aínda que a menor ritmo

O Sergas contabiliza dous pacientes menos nos hospitais da provincia, que agora atenden 17 persoas diagnosticadas de coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O total de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo sitúase hoxe en 626 (sete máis ca onte). Tamén seguen ascendendo os contaxios detectados, aínda que a un ritmo menor ca nos pasados días: nas últimas 24 horas confirmáronse 34 novos positivos a través de PCR fronte aos 63 de onte ou os 53 de antonte.

Nos hospitais, a situación mellora lixeiramente ao rexistrarse dous pacientes ingresados menos. Son agora 17 os doentes que están a ser atendidos nos centros hospitalarios da provincia, ningún deles nas unidades de críticos: cinco no HULA, dez na Mariña e dous en Monforte.

Por outra banda, o Sergas non informou de novos decesos relacionados coa pandemia en Lugo e contabiliza 145 falecidos ata o momento. A este número habería que sumarlle os tres usuarios de residencias nesta área sanitaria que faleceron tras ser trasladados a centros de Santiago ou Ourense.

Ata o de agora, en Lugo curáronse 6.728 persoas e realizáronse 131.040 PCR (535 no día de onte, xoves 7 de xaneiro).

+ posts

ÚLTIMAS

Desaloxados varios colexios en Lugo por ameaza de bomba

A Policía Nacional levou a cabo na mañá deste mércores desaloxos en colexios galegos...

Buscan en Suíza probas da falsa médica sobre a que pesa unha orde internacional de procura

O xulgado de instancia de Lugo, sección penal, praza 2, agarda resposta das autoridades...

Frustrado un roubo nunha nave industrial en Lugo e detido un dos implicados

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron un home como presunto autor dunha tentativa...

Detidas en Lugo unha nai e a súa filla por unha suposta agresión mutua

A Policía Local de Lugo detivo unha muller e a súa filla como presuntas...