InicioSociedadeO alcalde de Rábade admite limitacións no abastecemento da auga, pero garante...

O alcalde de Rábade admite limitacións no abastecemento da auga, pero garante a calidade

Kiko Fernández Montes percibe "intencionalidades" ocultas ao coñecerse a condena á Xunta a incoar un expediente sancionador a Aqualia e ao Concello polo estado da auga durante dous días do 2019.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Rábade, o independente Kiko Fernández Montes, recoñeceu as limitacións que presenta o sistema de abastecemento de auga no municipio, aínda que defendeu que a calidade da mesma “está garantida”.

Así se pronunciou tras o fallo do xulgado contencioso nº1 de Lugo, no que se condena á Consellería de Sanidade a incoar un expediente sancionador contra Aqualia e o propio goberno local pola estado da auga da captación os días 13 e 14 de xuño de 2019, a raíz da denuncia dunha veciña.

“Como todo expediente que se abre, abrirase con todas as garantías. Tomaranse as medidas que procedan”, despachaba Kiko Fernández, quen no entanto percibe unha “intencionalidade detrás destes posicionamentos”.

O alcalde explicou que o abastecemento presenta “certas limitacións, sobre todo en época de crecidas do río” con algún episodio de turbidez. “Pero todo isto foi manifestamente mellorado. Cambiáronse os depósitos que nos permiten acumular máis auga e mesmo nas últimas crecidas estes traballos están a dar un resultado bastante satisfactorio”, engadiu.

O rexedor recoñeceu que “o ideal sería contar con pozos de decantación”, pero lembrou que o sistema de abastecemento ten unha “chea de anos” e, a pesar das reformas, “hai momentos en que non é suficiente”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...