InicioSucesosAs denuncias diarias por estafa vía Internet duplicáronse durante a pandemia en...

As denuncias diarias por estafa vía Internet duplicáronse durante a pandemia en Lugo

A Policía Nacional alerta dun incremento constante dos delitos informáticos e pide precaución.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional alertou dun aumento en Lugo das denuncias de estafas por Internet, cunha media de oito diarias. De feito, nos últimos meses chegaron a duplicarse.

Segundo informa a Comisaría Provincial, desde o ano de creación da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta, en funcionamento desde 2012, rexistrouse un incremento constante destes delitos, que cifra nun 25%.

Tamén estima que do total de asuntos ou denuncias recollidas na Comisaría de Lugo, hai un 70% que “utilizan como instrumento para perpetrar o delito medios tecnolóxicos, substancialmente estafas, cargos indebidos, defraudacións e outros vinculados á intimidade e indemnidade sexual”.

Ademais, apunta que nos últimos meses, coincidindo coa pandemia, as denuncias duplicáronse. Pasaron “de catro ou cinco diarias a sete ou oito”. Do mesmo xeito, tamén se pasou de “1.500 a 2.500 asuntos” deste tipo por ano. “Hai ata un 75% máis de esclarecidos que en 2012 asociados a estafas tecnolóxicas”, alerta nun comunicado no que apela a adoptar medidas de precaución.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...