InicioSociedadeA Xunta permitirá a apertura de bingos e casinos en concellos confinados...

A Xunta permitirá a apertura de bingos e casinos en concellos confinados como Vilalba

Estarán abertos ata as 23.00 horas, mentres que os bares teñen que pechar ás 18.00 horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os establecementos e locais de xogos e apostas, como casinos e bingos, terán a posibilidade de abrir máis horas en Noitevella, ata as 23,00 horas, nun total de 39 municipios galegos nos que, con todo, a hostalaría terá que permanecer pechada en atención directa desde as 18,00 horas ese mesmo día.

Trátase dunha excepción que recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG) na súa edición bis do martes 29 de decembro, na cal se publicaron as medidas decretadas pola Xunta tras o comité clínico do luns, que presidiu Alberto Núñez Feijóo.

Con todo, esta medida con respecto aos locais como bingos e casinos non foi anunciada na rolda de prensa posterior ao comité clínico que ofreceu o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nin na do presidente da Xunta tras o Consello este martes. Ambos si informaron da ampliación horaria para toda a hostalaría nos municipios con máximas restricións e de nivel medio alto.

Así as cousas, desde este mércores, restaurantes e bares poderán abrir nos concellos cos dous niveis máis duros de restrición ata as 18,00 horas, unha hora máis do que estaba establecido ata este momento. Esta medida coincide co segundo período vacacional do Nadal, pero permanecerá máis aló destas festas, xa que se estudou, dixo o propio Feijóo, que non incidirá nunha evolución negativa da pandemia.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Lugo propón o Pazo de Feiras como sede da Axencia Estatal de Saúde Pública

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitará ao Padroado da Fundación Feiras e Exposicións...

Denuncian filtracións, riscos estruturais e aulas ‘forno’ na escola infantil Gregorio Sanz de Lugo

Comisiones Obreras (CC.OO.) denunciou que o BNG "acepta" a existencia de "riscos estruturais, filtracións...

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un mozo acusado de agresión sexual a dúas menores

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un mozo acusado de...

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...