InicioDeportesO lucense Uxío da Pena marcou un gol co primeiro equipo do...

O lucense Uxío da Pena marcou un gol co primeiro equipo do Dépor nun amigable en Carballo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O dianteiro lucense Uxío da Pena marcou un gol co primeiro equipo do Real Club Deportivo da Coruña na vitoria deportivista fronte o Bergantiños F.C. en As Eiróas (0-3). Anotou o segundo gol do equipo dun fermoso cabezazo a centro de Carles Gil no minuto 70. O lucense renovou co Fabril por unha tempada máis despois de marcar 11 goles a pasada campaña en Segunda División B sendo o máximo goleador do equipo na súa primeira experiencia na categoría.

Uxío da Pena afirmou que “calquera deportivista e xogador do filial morre de gañas de xogar no Deportivo” e recoñeceu que está “aproveitando e desfrutando un pouco a situación”.

O punta lucense, de 27 anos, foi o máximo goleador do grupo un da Terceira División na tempada 2016-2017 con 27 goles anotados no Centro Cultural e Deportivo Cerceda. Marcou 45 goles en 81 partidos co Cerceda entre 2014 e 2017 en Terceira División.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...