InicioSociedadeMorre unha muller de 95 no HULA por covid

Morre unha muller de 95 no HULA por covid

PUBLICADA O

- Advertisement -

Consellería de Sanidade notificou na tarde deste martes catro novas mortes por coronavirus, polo que o total de vítimas que deixa a pandemia en Galicia ascendeu a 1.350.

En concreto, dous destes falecementos rexistráronse no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e trátase dun home de 88 anos e unha muller de 83.

Ademais, perderon a vida unha muller de 95 anos que permanecía ingresada con covid-19 no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo e outra de 83 no Hospital Povisa de Vigo. Todos eles presentaban patoloxías previas, segundo confirmou a Consellería de Sanidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...

O PPdeG insta a BNG e PSOE a frear a súa “escalada de odio” en Lugo: “A xente apoia a moción de impulso”

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a...

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Detido en Lugo un home por tentar agredir con dous coitelos á parella da súa exmoza

A Policía Local de Lugo detivo a un home por tentar agredir con dous...