InicioSociedadeA concertada toma as rúas para protestar contra a "imposición ideolóxica" da...

A concertada toma as rúas para protestar contra a “imposición ideolóxica” da Lei Celáa

A mobilización congregou centos de coches.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Centos de coches volveu a manifestarse en cinco das sete grandes cidades galegas –Lugo, Vigo, Ourense, Ferrol e A Coruña– para protestar contra a reforma educativa do Goberno central, coñecida como Lei Celáa, que consideran “imposta” e que presenta “unha enorme carga ideolóxica que restrinxe duramente dereitos e liberdades individuais e colectivas”.

As marchas, que se produciron en todas as grandes cidades de Galicia salvo en Santiago de Compostela e Pontevedra, contaron co respaldo e participación de membros do PP e Cs. Ao longo da mañá, centenares de vehículos tomaron as urbes con lazos e globos laranxas para expresar a súa oposición a unha reforma que “atenta contra a liberdade de ensino propondo unha drástica redución do pluralismo e do dereito a elixir as familias”.

Así o indicaron lidos ao termo das marchas convocadas pola plataforma Más Plurales nun manifesto no que o colectivo censura un texto lexislativo sacado adiante “sen diálogo, sen negociación, sen consenso político e social” e nun contexto de pandemia “que esá requirindo un enorme sacrificio ás familias, alumnado, traballadores, equipos directivos e titulares dos centros”.

Neste sentido, os manifestantes censuran que a LOMLOE “asigna ao ensino concertado un papel absolutamente subsidiario con relación ao ensino público” e limita o “dereito a elixir” os pais. “Escolarizarase en función das decisións e intereses das administracións”, incide o manifesto.

“Continuaremos traballando en todos os foros e ámbitos internacionais, nacionais, autonómicos, políticos e xurídicos, para minimizar as consecuencias negativas desta lei ata que se cambie novamente e, oxalá nesta ocasión, a novena, sexa froito dun verdadeiro pacto educativo. En educación cabemos todos e non sobra ninguén”, aseveraron.

PP E CS

Así, as marchas contaron co apoio de membros do PP e de Ciudadanos, cuxa portavoz en Galicia, Beatriz Pino, participou na manifetación de Vigo, onde asegurou que o partido laranxa “non vai permitir que o castelán deixe de ser lingua vehicular en Galicia.

“É un atentado contra a liberdade de elección de centro dos pais, contra a educación concertada e educación especial, cando os pais máis necesitan ese servizo público da educación especial, ameázaselles con que se vai a acabar esta educación”, sinalou Pino, segundo recolle un comunicado emitido por Cs.

ÚLTIMAS

Tanxugueiras, Xoel López, Lia Kali ou Guadi Galego, primeiros confirmados do cartel das festas do San Froilán

Tanxugueiras, Xoel López, Lia Kali, El Consorcio e, entre outros, Guadi Galego, únense ao...

Detido un septuaxenario en Vilalba por cravar puntas nas rodas de 19 camións dunha empresa de transporte

A Garda Civil de Lugo detivo a un septuaxenario como presunto autor dun delito continuado de danos por...

Arquivan a última peza da ‘Operación Pulpo’, a causa sobre irregularidades na Deputación de Lugo

A última peza da Operación Pulpo, composta por 62 tomos e que investigaba a...

Detido un condutor sen carné, positivo en alcol e drogas, tras fuxir do 092 circulando de forma temeraria en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un condutor de 52 anos de idade...