InicioSociedadeMorre unha muller por Covid en Santiago que procedía da residencia de...

Morre unha muller por Covid en Santiago que procedía da residencia de Vilalba

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade notificou este xoves cinco mortes con coronavirus –todas con patoloxías previas– en Galicia nas últimas horas. Desta forma, o total de falecidos desde o comezo da pandemia ascende a 1.332.

Dúas das mortes están relacionadas con residencias. Por unha banda, unha muller de 84 anos falecida no Chus de Santiago, que procedía da residencia de Vilalba. Ademais, faleceu unha muller de 89 anos na residencia Vila do Conde de Gondomar (Pontevedra).

Os outros óbitos comunicados este xoves son os de tres homes: de 83 anos (no CHUO de Ourense), 92 anos (no Chuac da Coruña) e de 81 anos (no Chuac). Estas cinco defuncións comunicadas superan ás do martes desta semana –catro– e o mércores –catro–, aínda que son menos que as do pasado luns –sete–.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...