InicioSociedadeO Goberno licita a explotación das áreas de servizo de Guitiriz na...

O Goberno licita a explotación das áreas de servizo de Guitiriz na A-6

O valor estimado do contrato é de 10,7 millóns de euros e a concesión é por un prazo de cinco anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) licitou un contrato de concesión de servizos para a explotación da área de servizo de Guitiriz, situada a ambos lados da A-6 á altura do quilómetro 538.

A modalidade de contrato será a concesión de servizos por un prazo de cinco anos, co obxecto da conservación e explotación das instalacións existentes xunto coa execución de reformas e melloras que propoñan as adxudicatarias nas ofertas.  O valor estimado do contrato é de 10.718.864,74 euros.

Valoraranse propostas que inclúan melloras mediante puntos de carga de vehículos eléctricos ou outras fontes de enerxía alternativas ou servizos tecnolóxicos, de forma que se contribúa aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

A explotación das áreas de servizo devindicará o correspondente pago dun canon anual a favor do Estado, non inferior a 189.436,50 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...

Carmela López e Miguel Fernández examinan as obras en Adolfo Suárez “acceso esencial para a intermodal”

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Presentado o proxecto para crear oito novas rotondas de cara a axilizar o tráfico en Lugo

O primeiro tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, fixo público o proxecto de...