Home Lugo e contorna Lugo Lugo suma outras dúas vítimas mortais da pandemia

Lugo suma outras dúas vítimas mortais da pandemia

0
Lugo suma outras dúas vítimas mortais da pandemia
HULA | Grupo San José

A área sanitaria de Lugo suma outras dúas vítimas mortais da pandemia ao falecer unha muller de 93 anos e un home de 69 no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). O varón era usuario da residencia de Vilalba. 

Así o vén de comunicar o Servizo Galego de Saúde (Sergas), que no seu balance xa anota 139 falecementos en Lugo.

Na actualización diaria, o Sergas informa doutras catro mortes no resto de Galicia. Trátase de dúas octoxenarias que finaron no Chop e no Chus, respectivamente,  e outras dúas mulleres nonaxenarias que morreron na residencia Vila do Conde de Gondomar.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here