InicioSucesosCortan a estrada LU-P-1910 no lugar da Naraxa na Fonsagrada por desprendementos

Cortan a estrada LU-P-1910 no lugar da Naraxa na Fonsagrada por desprendementos

A Deputación de Lugo espera que esta semana se poida restablecer de novo o tráfico, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos de xestión territorial da Deputación de Lugo traballan en despexar a estrada LU-P-1910, á altura do lugar de Naraxa, na Fonsagrada, debido a un desprendemento de pedras que irrompeu na vía.

Diso informou a institución provincial, que sinala que mantén cortada a estrada, que une este concello da Montaña con Asturias, e que espera que esta semana se poida restablecer de novo ao tráfico, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

Ata o lugar desprazouse maquinaria pesada –unha pa e un camión, para proceder á retirada das pedras que caeron na vía.

A Deputación habilitou desvíos alternativos e a sinalización correspondente para garantir a seguridade dos usuarios desta vía provincial e causar o menor prexuízo posible.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...