Home Sociedade Sanidade realiza un cribado a máis de 400 estudantes e traballadores de Vilalba

Sanidade realiza un cribado a máis de 400 estudantes e traballadores de Vilalba

0
Sanidade realiza un cribado a máis de 400 estudantes e traballadores de Vilalba
Proba de Covid-19 | EFE

A Consellería de Sanidade iniciou a semana pasada un cribado de PCR a máis de 400 persoas de Vilalba co obxectivo de detectar novos casos positivos ante a alta incidencia de asintomáticos.

Nun comunicado do goberno local, explican que o Sergas xa realizou probas PCR ao persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Vilalba e hoxe continúa co cribado entre o alumnado de primeiro e segundo de Bacherelato do IES Basanta Silva.

Realizaranse tamén probas ao alumnado do centro Lois Peña Novo e a todos os traballadores e traballadoras de servizos esenciais, como Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella, taxistas e persoal do centro ocupacional.

 

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here