InicioCulturaO belén de Begonte será esencialmente virtual

O belén de Begonte será esencialmente virtual

Un vídeo permitirá visitar dixitalmente este Nacemento electrónico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O centro cultural José Domínguez Guizán, entidade promotora do belén electrónico de Begonte, está a traballar na edición deste ano, que agarda presentar publicamente a mediados do presente mes. Segundo avanzan, este Nadal o belén será esencialmente virtual.

Se ben o belén xa está totalmente revisado e posto a punto por se fose posible o seu funcionamento, non se cre que este ano poida abrir ao público polas restricións da pandemia. Segundo explican, seguramente centren os seus esforzos na versión virtual, sobre a que se está a traballar nestes momentos.

A Fundación TIC da Deputación Provincial preparará un vídeo que permita seguir a través de Internet a evolución da instalación, de modo que sexa similar á visita presencial.

Por outra parte, estase ultimando a organización dos habituais certames culturais e exposicións que completan a actividade do belén electrónico, que este ano vive a 49ª edición desde a súa fundación en 1972. Así, no próximo 2021 celebrará o primeiro medio século de existencia.

Xulio Xiz,

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...