InicioPolíticaA Deputación finiquita o órgano que utilizou o ex socialista Manolo Martínez...

A Deputación finiquita o órgano que utilizou o ex socialista Manolo Martínez para pactar co PP

O ente provincial aprobou as contas para o 2021, de algo máis de 92,5 millóns euros, co voto en contra dos populares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno provincial da Deputación de Lugo, conformado por socialistas e nacionalistas, sacou adiante este luns os orzamentos para o próximo ano, que ascenden a máis de 92,5 millóns, así como a disolución de Suplusa. As contas contaron co rexeitamento do PP.

Antes do pleno extraordinario, o presidente da Deputación, José Tomé, destacou que este luns “é un gran día para a provincia, xa que se van a tomar “dous acordos fundamentais para esta casa”.

Sobre Suplusa, foco de desencontros cando a presidía o alcalde de Becerreá Manuel Martínez, dixo Tomé que se vai á súa disolución porque lonxe de ser “útil” para a deputación “xogaba en contra e metía goles en propia porta”. “Iso é algo que non se pode permitir, e por tanto é un chiringuito que desaparece e a deputación, como tal, farase cargo das competencias que era a de zonas verdes e polígonos industriais“, sostivo.

ORZAMENTOS 2021

Dos orzamentos, que consignará máis de 21 millóns de euros para o Plan Único para os concellos, Tomé asegurou que se trata dunhas “contas sociais, que responden os catro alicerces básicos do goberno; atención ás persoas, mobilidade, atención ao medio rural e atención ao turismo e o comercio”. “Non deixamos nada que non responda os intereses da provincia de Lugo”, presumiu sobre os orzamentos.

Pola súa banda, os populares, a través do seu portavoz o ex alcalde de Foz, Javier Castiñeira, xustificaron o seu voto en contra tanto das contas como da disolución de Suplusa. Así, en canto á sociedade do chan reiterou que a súa formación pide que “se convoque unha mesa de negociación para os tres puntos” que separan á oposición e ao goberno provincial e que, segundo apuntou, “pasan porque o persoal sexa subrogado á deputación e non a TRAGSA, que se aclare quen determinou ceder a maquinaria a TRAGSA e que se cumpran con todos os convenios cos concellos”.

Dos orzamentos, deixou claro que están “moi separados” das expectativas do PP, apelando a que “o ano 2021 ten que ser fundamental para saír da crise”. “E debemos saír co tecido económico fortalecido e estes orzamentos non o fortalecen”, manifestou . “Conxélase o Plan Único e redúcense os investimentos case tres millóns de euros. Son uns orzamentos malos para Lugo“, afeou finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...