InicioDeportesO lucense Jorge Prado, líder en solitario do Mundial de motocross en...

O lucense Jorge Prado, líder en solitario do Mundial de motocross en categoría MX2 gañando en Loket (República Checa)

PUBLICADA O

O piloto lucense de motocross Jorge Prado é o novo líder do Mundial de motocross en categoría MX2, segundo nivel do motocross, despois de gañar en Loket, República Checa. É a súa sétima vitoria da temporada. Con este triunfo, convértese no primeiro clasificado da xeral con 595 puntos, 11 máis que o segundo, o letón Pauls Jonass. Jorge Prado recibiu a praca vermella que o designa como líder do Mundial. Prado e Jonass son compañeiros no mesmo equipo: Red Bull KTM Factory Racing.
En declaracións aos medios oficiais do Mundial de MX2, o piloto lucense, de 17 anos, afirmou que “soñaba con acadar algo así”, amosouse “moi contento” e engadiu que “estaba desexando” esta situación. Calificou de “complicado” este fin de semana.
A vindeira carreira é en Lommel, Bélxica, o vindeiro domingo 5 de agosto. Quedan cinco grandes premios para o remate do campionato mundial.
+ posts

ÚLTIMAS

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...