InicioCulturaOitenta bolboretas póusanse na Muralla para denunciar os oitenta feminicidios deste 2020

Oitenta bolboretas póusanse na Muralla para denunciar os oitenta feminicidios deste 2020

O artista Abraham Calero (Palma de Mallorca) é o autor deste mural que xorde froito da colaboración a distancia co lucense Primo de Banksy.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A arte urbana pode funcionar como denuncia, como resorte que faga cavilar ás persoas que paseen pola rúa. Ou, neste caso, por enriba da Muralla. Aí é onde veu parar unha obra do artista Abraham Calero (Mallorca), que representou a través de oitenta bolboretas os oitenta feminicidios rexistrados neste 2020.

A intervención artística enmárcase nos “diálogos cruzados” entre Lugo e Palma de Mallorca ou, o que é o mesmo, entre o artista lucense Primo de Banksy e Abraham Calero. “Fai meses que lle dabamos voltas a traballar xuntos”, explican nos seus perfís de Instagram. “Saíu esta proposta. Abordar un mesmo tema cada un dende a súa perspectiva, meter a peza nun paquete e enviala por correo para que o outro a poña onde considere”.

Así, o mural de Calero foi colocado nunha parede do paseo da Muralla. Alí, as oitenta bolboretas quedan acompañadas dos nomes das mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas.  Á súa vez, en Palma de Mallorca xa figura a obra que mandou o Primo de Banksy: “a Magdalena na rúa Xustiza, rodeada de prostitutas”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...