InicioPolíticaVilalba Aberta urxe á firma dun convenio coa Deputación para financiar o...

Vilalba Aberta urxe á firma dun convenio coa Deputación para financiar o centro de día

Modesto Renda pídelle á alcaldesa que siga o exemplo de concellos como Pedrafita ou Castroverde e que solicite a colaboración do ente provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal de Vilalba Aberta levará a pleno unha iniciativa para instar ao actual goberno vilalbés —agora formado polo PSdeG en minoría— a solicitar á Deputación Provincial a sinatura dun convenio para financiar o centro de día e así posibilitar a súa apertura nesta lexislatura.

Así o explicou o voceiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda, quen censurou a “total pasividade” do Concello neste ano e medio de mandato. Pídenlle á alcaldesa que se “mova” e siga o exemplo doutros concellos como Castroverde, Pedrafita ou Pantón para conseguir protocolos de colaboración co ente provincial co fin de poñer en marcha o centro de día. 

Así e todo, dende este grupo municipal coidan que o exemplo que “mellor explica” a súa reivindicación é o convenio asinado recentemente entre a Deputación e o Concello de Pedrafita. “Blindouse a xestión pública e o acceso ás prazas será de xeito preferente para os veciños e veciñas do municipio. Ese é o noso modelo”, apuntou Modesto Renda.

O edil de Vilalba Aberta considera que agora que se abre o tempo de negociación dos orzamentos da Deputación é o momento propicio para actuar, “pois permitiría deixar prevista xa a consignación de crédito pactada”.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...