InicioSucesosDetido o home que atracou a gasolineira do Miño

Detido o home que atracou a gasolineira do Miño

Este veciño de Láncara asaltou o establecemento na tarde do pasado venres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron o sábado pola mañá un home veciño de Láncara como autor do atraco á gasolineira do Miño, ocorrido a noite anterior.

Segundo informou a Policía Nacional, o pasado venres ás 21:30 horas un home entrou na gasolineira para ir ao baño e cando saíu do mesmo dirixiuse á dependenta, á que ameazou para que lle dese o diñeiro. Se non, “íalle pasar algo e facerlle dano”.

Nese momento a dependenta pulsou o botón de alarma, á vez que abriu o caixón da caixa rexistradora, da que o atracador colleu os billetes de 50 euros e fuxiu nun vehículo que, posteriormente, puido ser identificado nas imaxes.

Ao lugar acudiron axentes da Policía Nacional para solicitar datos co fin de levar a cabo a investigación. Por parte da Policía Nacional estableceuse un dispositivo especial de busca e localización do autor dos feitos.

Os axentes localizaron o vehículo utilizado no atraco preto da estación de tren, co que a Policía puido establecer contacto cos familiares “e pechar un pouco máis o circulo en aras da súa localización”.

Xa o sábado sobre o mediodía e con toda a información, localizouse e detívose o atracador na rúa Luís Cordeiro da cidade. Na mañá do domingo foi posto a disposición xudicial, xunto con todo o actuado, tras o que quedou en liberdade con cargos á espera de xuízo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...