InicioSociedadeO BNG pedirá no Parlamento o reforzo de pediatría e do PAC...

O BNG pedirá no Parlamento o reforzo de pediatría e do PAC no centro de saúde de Meira

Empregan tamén estes servizos A Pastoriza, Riotorto, Ribeira de Piquín, Pol e A Pontenova, preto de 10.400 persoas dispersas nunha área territorial de 630 quilómetros cadrados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG levará ao Parlamento de Galicia unha iniciativa para pedir o reforzo dos servizos de pediatría e do punto de atención continuada (PAC) do centro de saúde de Meira, que atende aos concellos da Pastoriza, Pol, Riotorto, Ribeira de Piquín e A Pontenova.

A deputada parlamentaria nacionalista Olalla Rodil trasladará ao Hórreo a demanda que lle trasladaron representantes municipais da formación frontista nestes concellos, que suman preto de 10.400 habitantes dispersos nunha área territorial de 630 quilómetros cadrados.

No caso do servizo de pediatría, unha única profesional atende aos nenos dos seis concellos, desde os centros de saúde de Meira, no que está tres días a semana, e A Pastoriza, onde atende os outros dous.

Rodil expuxo que “en moitas ocasións, cando a persoa titular da praza colle unha baixa ou exerce algúns dos seus dereitos laborais non é substituída por outra persoa e obrígase a eses nenos e nenas a seren atendidos nos centros de cabeira ou a desprazarse ata Vilalba, ou directamente ao HULA“. Así,  avanzou que “desde o BNG solicitaremos que os centros de saúde de Meira e Pastoriza conten con pediatra a tempo completo para que os nenos e nenas teñan a atención especializada que necesitan e á que teñen dereito”.

No tocante ao PAC, a parlamentaria nacionalista subliñou que “a necesidade de reforzar o servizo, que queda ao descuberto cando os profesionais teñen que desprazarse para urxencias ou atencións a domicilio xa que o centro de saúde cun único equipo que dá cobertura a unha área territorial de 630 quilómetros, desde Castroverde ata Asturias“. Rodil indicou que “o PAC necesita durante a semana e os sábados alomenos dous equipos completos, como ocorre en domingos e festivos”.

“FREAR O DESPOBOAMENTO PASA POR REFORZAR OS SERVIZOS PÚBLICOS”

Na últimas semanas, o Sergas recuou na decisión de reducir o servizo a un único equipo tamén en domingos e festivos, como denunciaran os propios profesionais do centro de saúde a través dun cartel informativo. “Desde o BNG estamos convencidas de que  o que necesitan os concellos do rural é reforzar os servizos públicos, para fixar poboación e frear na medida do posible o despoboamento“, concluíu Rodil.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo...

A Deputación impulsa a lectura no Día do Libro co reparto de exemplares nos 67 concellos

  A Deputación de Lugo celebra este 23 de abril o Día Internacional do Libro...