InicioMedioambiente e PatrimonioO antigo castro de Santa María (Cervantes) xa reloce coma novo

O antigo castro de Santa María (Cervantes) xa reloce coma novo

Veñen de rematar os traballos de consolidación e limpeza do asentamento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O castro de Santa María, no concello de Cervantes, loce bonito tras rematar os traballos de consolidación e limpeza levados a cabo nas súas inmediacións durante o mes de outubro. O asentamento vén de ser recoñecido como Ben de Interese Cultural a nivel Nacional.

O colectivo Patrimonio dos Ancares, promotor da posta en valor deste xacemento arqueolóxico da man da ANPA do CEIP de Cervantes, confesa a súa “satisfacción” non só por acadar a máxima protección legal, senón pola “celeridade” da Consellería de Cultura á hora de realizar as devanditas actuacións de rehabilitación.

En concreto, e segundo explican dende a asociación, consolidáronse todas as estruturas habitacionais, os fogares e unhas tumbas baixomedievais; reconstruíuse un muro que se viñera abaixo e que pecha o adro-cemiterio onde se levanta a igrexa; e, ademais, acometeuse a limpeza de todo o xacemento.

Xabier Moure, presidente do colectivo, lembra que entre os máis de 1.200 castros da provincia de Lugo, “só tres teñen a consideración de BIC: Fazouro, Viladonga e Santa María do Castro”. “Estamos seguros de que con este novo impulso se vai converter nunha referencia obrigada“, engade.

Así mesmo, xa adianta que nas vindeiras semanas a Deputación colocará uns novos sinais de dirección cara ao castro.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...