InicioSociedadeVilalba non descarta ampliar as restricións ao aumentar a incidencia do coronavirus

Vilalba non descarta ampliar as restricións ao aumentar a incidencia do coronavirus

O goberno local ten constancia de 40 casos activos neste municipio, que xa pasou a alerta vermella.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE |  O Concello de Vilalba informou a través dun comunicado de que o número de casos de coronavirus activos no municipio, que xa se atopa no nivel vermello de alerta, subiu nas últimas horas a 40 persoas, polo que non se descarta establecer restricións máis duras.

A alcaldesa da localidade, Elba Veleiro, dixo que non descarta adoptar medidas nas próximas horas se o número de casos activos segue subindo na localidade, á espera “da decisión que adopte o comité clínico da Xunta de Galicia sobre posibles restricións”.

Así, aínda que o municipio continúa coas “limitacións indicadas para toda Galicia”, o Concello está a realizar “desde hai días un seguimento exhaustivo” da situación. De feito, confirmou que “a maior parte dos casos” activos están en “seguimento domiciliario” e responden “a unha cadea de contaxios circunscrita a distintos núcleos familiares”. Por iso, o Concello pediulles que se “queden na casa” ás persoas que están aínda “pendentes de realizar probas ou mantiveron contacto estreito cun positivo”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...